PARA AS FAMILIAS


Ola mamás, papás , avós , avoas e demais familia . Neste apartado iremos colgando información de interese para orientar a vosa labor nesta situación, se o credes oportuno.

Dende o Departamento de Orientación do cole nos deixan esta información:

Boa tarde familias, vos adxuntamos unha novas recomendacións ofrecidas polo COPGA (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia) de cara a sobrelevar do mellor xeito posible estes días que nos quedan na casa. Agardamos vos sexan de utilidade.

PARA AS FAMILIAS:
  • Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
  • Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa.
  • Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
  • Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen.
  • Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas.
  • Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.

DESDE O COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA
DESEXÁMOSVOS A TODA A COMUNIDADE
MOITA AFOUTEZA
Deixámosvos o enlace á web do COPGA https://copgalicia.gal por se precisades algo máis de información. Do mesmo xeito, o departamento de orientación está a vosa disposición para calquera cousa que precisades.


Sen máis, tomamos coma nosa a frase aquí disposta: moito ánimo  e AFOUTEZA!




Queremos comenzar con reflexións feitas polas mestras despois deste tempo de confinamento, de múltiples lecturas e tendo en conta a nosa humilde experiencia .
Dende aquí reiteramos a importancia da atención á infancia, de tomar conciencia do impacto emocional desta situación n@s peques. De ahí a nosa insistencia en acompañalos, escoitalos, observalos, comprendelos…, en definitiva, telos en conta, respectándo@s.
É preciso organizar tempos e espazos onde poidan expresarse de múltiples formas. A linguaxe oral non é suficiente, o seu comportamento, actitude, humor, debuxos, movementos, xogos... nos dan moita información. Deixemos que xoguen.!!!
Entendemos o xogo como innato no nen@, a través do mesmo pode fluir, xogar polo placer de xogar.
Podemos organizar o ambiente para potenciar o xogo, tanto con material que lle achegamos ( teas, coxíns,tubos, caixas… ) ou cos seus bebés, animais, construccións... todo aquilo que lle permita exteriorizar o que está sentindo, de forma saudable, creativa e liberadora. O que poidan manipular, transformar, experimentar, que fomente o movemento, o placer de facer coas propias mans, construir…

Sabemos que non tod@s tendes a posibilidade de gozar de espazos exteriores, pero moitos de vós sí, exprimilos ao máximo. Xardíns, balcóns, terrazas ou ventanas por onde entre a luz natural, ahí é onde deben estar, onde deben xogar. Tanto física como psicolóxicamente a luz do sol é vital para a súa saúde, que recollan canta poidan!!
 As pantallas nestas idades non son necesarias, de feito son contraproducentes. A súa visión e o seu cerebro sofren consecuencias negativas ante a sobrestimulación que os dispositivos como tablets, teléfonos, videoxogos… os someten. A capacidade de atención, o sono… vense alterados, así como o seu humor e preferencias de xogo, pois provocan unha adicción sen sustancias que fai difícil que lle apeteza facer un tipo de xogo natural e saudable.

Coma sempre, cada familia debe adaptar as nosas propostas de actividades ao seu fill@ e á situación que está a vivir na súa casa. El@s son o máis importante das nosas vidas, e esta situación non é doada , démoslle prioridade.
 Compartamos cada día experiencias, que non teñen que levar moito tempo, pero si van a marcalos de forma positiva. Contémoslle esa historia que tanto lle gusta escoitar acochad@ no noso colo, acarieciémol@, fagamos cóxegas, xoguemos á oca ou ás cartas… e sobre todo, recordémoslle  a miúdo que @ queremos…

En definitiva, APROVEITEMOS ESTA SITUACIÓN PARA DISFRÚTALOS E QUE DISFRUTEN DE NÓS.

Moito ánimo e saúde.

Aquí estamos para o que precisedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario