ACTIVIDADES SEMANAIS








-ACTIVIDADES VENRES 22 DE XANEIRO, CLASE DOS GATOS
Para rematar a semana propóñovos estas dúas actividades:
Gato Sumas: trátase de pintar o gatiño coas cores que indica o código segundo o resultado das sumas que ten nas distintas partes. Para facer as sumas os nenos e nenas poden axudarse manipulando pequenos obxectos coma paus, tapóns, bolas, pinzas... que lle axuden a contar, ou cos seus propios dedos.

Gato atrapabolas: esta manualidade é un xogo divertido co que hay que encestar una bola atada cun cordeliño a un recipiente que neste caso será un gatiño. Déixovos como exemplo este modelo que se fai cunha botella de plástico pero cada un de vós adaptádeo ao material que teñades na casa e ao voso gusto. E despois... a ver quen é capaz de encestar a boliña.😃

Que teñades boa fin de semana!

-ACTIVIDADES XOVES 21 DE XANEIRO , CLASE DOS GATOS  
Como ben sabedes, hai gatos de diferentes tamaños e de diferentes cores. Pois, a conta disto hoxe ides facer un cadro de dobre entrada cun gato grande e outro pequeno, e con moita atención, debedes colocalos onde corresponda pola súa cor. Primeiro hai que colorear como se indica, despois recortar pola linea de puntos e por último pegar. Seguro que sae ben!
EXPERIMENTO: Necesitades rotuladores, papel absorbente e un rotulador permanente. Primeiro facede o debuxo que máis vos guste nun papel absorbente dobrado co rotulador permanente. O debuxo transpasarase ao papel que está debaixo. Logo colorear o debuxo do papel que esta debaixo. Para rematar poñer os dous papeis sobre unha bandexa con auga e... MAXIA.
Si vos apetece podedes enviar ao correo unha foto ou video co resultado.😊 


- ACTIVIDADES MÉRCORES 20 DE XANEIRO, CLASE DOS GATOS
Ufff, que tempo fai hoxe, vento, frío, chuvia... nótase ben que estamos no inverno. Pois para entrar en calor, que vos parece facer unha sopa? Pero unha sopa de letras de inverno. Xa sabedes, buscar as palabras e cando as encontredes pintar cada unha dunha cor.
E despois dunha sopa quentiña, non hai nada mellor que un conto. Un conto dun gato?
                             



E ti, se foras un gato,...que farías? Se queres cóntallo a alguén da túa familia.      




- ACTIVIDADES MARTES 19 DE XANEIRO, CLASE DOS GATOS 
Para seguir co tema dos gatos, ímos coñecer hoxe a unha poeta chamada                                                                     GLORIA FUERTES. Ela escribiu moitos poemas para a cativada, entre eles, o de "Cómo se dibuja un gato". A continuación, podedes descargar este  poema tan chulo para que volo lean. Propóñovos o reto de buscar e rodear no poema a palabra GATO. Para axudarvos un pouquiño vou darvos unha pista: hay 9 veces a palabra GATO. Así que poñede moito ollo. Despois tal e como nos indica este poema, podedes debuxar o voso gato, como uns verdadeiros artistas que sodes. Cómo se dibuja un gato

- ACTIVIDADES LUNS 18 DE XANEIRO, 6º INFANTIL

    Á volta das vacación de nadal puxémoslle nome o noso grupo clase. Despois de moitas propostas decidiuse entre todos e todas que este curso somos "A CLASE DOS GATOS".

A proposta para facer hoxe é: 

*Decorar as letras da palabra   G A T O S que tedes no enlace de "descarga gatos" para que queden bonitas, con lunares, raias de cores, manchas...
Despois recortalas e pegalas de forma axeitada na primeira folla.

*Papiroflexia gato: os nenos e nenas teñen que seguir os pasos indicados no seguinte video. Necesitarán da vosa axuda pero deixar que entendan os pasos e que fagan as dobreces. Seguramente teñen que ver o vídeo varias veces e pausalo en cada parte.
Cando consigan facer a cara do gato, despois poden poñerlle os ollos, nariz, boca e bigotes como máis lles guste: debuxando con cores, pegando botóns, pegatinas, lá para os bigotes ...
Se queredes mandade unha foto ao correo electrónico co gatiño para cando voltemos a clase compartir a vosa creación cos compis.






Ola a todos,
Esta é a última semana do curso así que solo queda rematar as últimas actividades e despedirnos ata o próximo curso desexando que pasedes un estupendo verán. Moitas grazas por estar ahí estas semanas inesperadas que nos tocou vivir e moito ánimo para seguir afrontando o que queda. 

Un montón de bicos para todos, nenos e nenas!


ACTIVIDADES 15 DE XUÑO




Ola familias,
Este curso xa está chegando ao seu fin, pero aínda nos quedan algunhas cousiñas chulas por facer.
Esta semana ímos preparar un xogo caseiro moi sinxelo  pero súper divertido e entretido.
Trátase de facer un camiño por onde levar unha pelotiña.

A base pode ser unha tapa dunha caixa de cartón, e nela montaremos o camiño ou labirinto. Cada un pode facer o nivel de dificultade que queira ou ir aumentando pouco a pouco os obstáculos.

Unha forma podería ser cos tubos de cartón do papel hixiénico a modo de túneles por onde ten que pasar a pelotiña.
                                                                  













Para maior dificultade pódese engadir paus depresores ou tapóns, por exemplo, que a pelotiña ten que sortear para seguir o seu camiño. 














Este xogo axuda a traballar a atención, coordinación e control do corpo, a paciencia e o esforzo, e ao estar feito por un mesmo ten un gran valor emocional e aporta satisfación persoal.


ÁNIMO PEQUES QUE DENTRO DE POUCO XA CHEGAN AS VACACIÓNS DE VERÁN!


ACTIVIDADES 8 DE XUÑO


ACTIVIDADES 8 XUÑO













Ola a todos unha semana máis!
Nesta ocasión a actividade vai ser como un RETO.
Preparad@s?
Veredes, trátase dun xogo coas mans. Tedes que facer os xestos que vos mostra a canción do video que está a continuación:


Parece complicado pero si practicades os movementos das mans ao voso ritmo primeiro e despois o facedes ao tempo coa música, seguro segurísimo que sae.
Así que, moito ánimo, nada de rendirse, o esforzo ten a súa recompensa. Sería xenial facelo xuntos cando nos conectemos por Webex.

➝ Unha última cousiña, para a próxima actividade gardade os rollos de cartón do papel hixiénico ou do papel de cociña, xa que ímos precisar varios.

Que teñades unha estupenda semana peques!



SEMANA 1 DE XUÑO
SEMANA 1 DE XUÑO











 Ola familias!
Para pechar o mes de maio, mes das flores , vos propoñemos como actividade a xardinería!

O contacto coa terra, coa auga e coa natureza é indispensable para os nos@s cativ@s, asi que aproveitemos estes días soleados para PLANTAR.

        Podemos facelo en macetas, no xardín ou no eido, en función do que dispoñamos.Que vos axuden a escoller plantas, unha boa idea e que den froitos, como as fresas, sería fenomenal poder comer as nosas propias, ou que tal plantar para facer a nosa ensalada ou bocata vexetal con leituga e tomate?.


       Tamén podemos plantar flores (margaridas, alegrías…) ou herbas aromáticas coma pirixel, romeu, ourego… existen múltiples opcións para escoller. Aquí vos deixamos un enlace moi interesante, onde vos dan ideas que ocupan moi pouco espazo e vos explican a importancia e plantar cos vos@s fill@s:


        Permitídelle que xoguen coa terra, coa auga, que estén en contacto coas texturas, o cheiro...

      Unha vez plantado, podemos pedirlle que as coiden, explicándolle a importancia de regar, da necesidade de luz ou de quitarlle as malas herbas, implicándoos no seu coidado para que asuman pequenas responsabilidades.






Podemos observar o proceso de xerminación da semente con experimentos moi doados con sementes (fabas, lentellas, aguacate…).




Tamén facer unhas divertidas personaxes as que lle podemos ir cortanto o pelo.
SEMANA 25 DE MAIO


SEMANA 25 DE MAIO











OLA A TOD@S, COMO ESTADES?
ESPERAMOS QUE BEN.

ESTA SEMANA  A PROPOSTA DE ACTIVIDADE É FACER…
   SOMBRAS CHINESAS.

UNHA BOA LUZ, UNHA PAREDE LISA E MOITA IMAXINACIÓN SON SUFICIENTES PARA XOGAR COAS SOMBRAS.

ESTA TÉCNICA PARECE QUE NACEU ARREDOR DO 200 A.C. BAIXO A DINASTÍA HAN COMO UNHA FORMA DE  ESPECTÁCULO SEMELLANTE AO TEATRO,  AÍNDA QUE POUCO A POUCO OS ARTISTAS TAMÉN  UTILIZABAN ESTE “XOGO” PARA PODER QUITAR O MEDO QUE ALGÚNS NENOS LLE TEÑEN Á ESCURIDADE.
PARA LEVAR A CABO ESTA ACTIVIDADE PRECISAMOS A LUZ DUNHA LANTERNA, POR EXEMPLO A DO MÓBIL, PROXECTADA HACIA UNHA PAREDE.                                

ENTRE A LANTERNA E A PAREDE POÑEMOS AS MANS OU OBXECTOS QUE VAN A CREAR AS SOMBRAS.  PODEN SER:
- AS MANS OU O PROPIO CORPO.
-    OBXECTOS DA CASA E XOGUETES.
-    SILUETAS FEITAS CON CARTÓN E UN PAUCIÑO PARA AGARRAR.




ESPERAMOS QUE SEXA UNHA EXPERIENCIA MARAVILLOSA QUE DESFRUTEDES EN FAMILIA. XA NOS CONTAREDES AS VOSAS FANTÁSTICAS HISTORIAS.

BICOS PARA TOD@S

SEMANA 18 -22 DE MAIO

SEMANA 18 DE MAIO











Ola familias!





















  Podemos facelo no corredor ou no balcón da nosa casa. Tendes que botarlle un pouco de imaxinación, contar unha súper historia: somos uns ladróns que imos roubar unha xoia a un museo, ou espías que buscan pistas para resolver un enigma,  rescatar ao peluche preferido, ou que buscamos aos malos para evitar que se adueñen do mundo!!!!
 Precisamos:
·               Cinta de carpinteiro/ carrocero, coma as que usan os pintores.
·               Tiras de papel (podemos facelas con xornal ou calquera outro), lazo, cinta…o que teñamos pola casa
·               Ganas de xogar e imaxinar
O único que hai que facer é ir pegando tiras de papel nas paredes ¡coma luces laser !. @ nen@a debe ir pasando entre as cintas, tentado tocar o menos posible
 Podemos facer un percorrido da misión por toda a casa, escondéndonos nas esquinas, debaixo da cama, detrás das portas, as luces láser serán unha parte máis do percorrido para chegar ao obxectivo: unha xoia, o seu xoguete preferido, coller aos malos,descifrar o enigma…o que escollades, incluso poden atopar unhas chuches!.
PREME NA IMAXE
ACTIVIDADES SEMANA 11 DE MAIO



ACTIVIDADES SEMANA 11 MAIO
Ola familias!!!

Como vai todo?
        Esta semana vos propoñemos unha actividade moi entretida: facer un DOMINÓ!
Podemos utilizar diferentes materiais de refugallo ou da natureza.
Necesitaremos:
-         Unha base para facer as fichas :poden ser pedras, rectángulos de cartón, de madeira, goma eva…
-         Escollemos de que queremos facer o dominó: de cores, números, animais …
-                                            Dividimos cada ficha en dúas partes e poñemos o debuxo escollido en cada unha delas, asegurándonos de que a seguinte siga a serie.
-                 A XOGAR!!!!


                                            




A actividade desta semana é facer un títere utilizando como base unha pinza da roupa.


Ademáis de ser unha actividade divertida e creativa a utilización da pinza axuda a traballar ós dediños dos nen@s para ter máis forza e coordinación.

Para elaboralo…

Primeiro: pensade o modelo que vos gusta. Pode ser como queirades pero ten que ter dúas partes para que a pinza poida abrir.

Segundo: desenvolvede a vosa creatividade no papel, cartulina, cartón, con cores, témperas, plastilina, pegatinas…

Terceiro: pegade o monicreque nas partes da pinza correspondente.

Cuarto: xogade co voso monicreque, abride e pechade a pinza e ao rematar deixádeo posto nun lugar para decorar.








Se queredes podedes facer máis e xogar a facer historias divertidas con eles. 

                        Ánimo peques!








ACTIVIDADES 27 DE ABRIL



ACTIVIDADES SEMANA 27 DE ABRIL


Ola familias!

                               Esta semana conmemoramos o " DÍA DO LIBRO"



      Ademais das actividades de cada aula, vos animamos a participar nas actividades que se propoñen para todo o cole.

                             Estade atent@s que igual hai algunha sorpresiña!!!

Falando de sorpresas, temos unha pendiente. Recordades a lista de ingredientes que vos adiantamos a semana pasada?  Serve para...
                                               
                                              FACER PLASTILINA CASEIRA!!!



AQUÍ vos DEIXAMOS varios ENLACES con distintos xeitos de facela. É un proceso doado e divertido, recordade seguir as normas de conservación.


1.- https://www.trucosdefamilia.com/como-hacer-plastilina-caser

a-en-cinco-minutos-y-sin-coccion/
.

2.-https://cookpad.com/hn/recetas/11845335-plastilina-casera-%F0%9F%8C%88.


 OUTRA FORMA DE FACELO CON  MAIZENA E CREMA HIDRATANTE: (ESTA NON A PODEN LEVAR Á BOCA)

                                           https://youtu.be/cpKTU5TV7CQ


                           ACTIVIDADES DE AULA PARA  A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL


ACTIVIDADES  CIRCO

ACTIVIDADES  EXPLORADORES




OLA A TODOS, PEQUES E FAMILIAS,

A ACTIVIDADE PARA  ESTES DÍAS É:

·       CONSTRUÍR UNHA CABAÑA OU REFUXIO.

TRÁTASE DE BUSCAR UN RECUNCHO NA VOSA CASIÑA E MONTAR COA AXUDA DE TEAS, MANTAS, COXÍNS, ALFOMBRAS, ALMOFADAS…, UN  MONTÓN DE COUSAS QUE PODEDES UTILIZAR, UN ACOLLEDOR REFUXIO.


ESTE REFUXIO VAI SERVIR PARA PASAR FERMOSOS MOMENTOS MONTANDO HISTORIAS DIVERTIDAS COS VOSOS XOGUETES, DESCANSAR UN POUQUIÑO TRANQUILAMENTE, CONVERSAR ACOCHADIÑOS CON ALGUÉN DA VOSA FAMILIA …
NEL PODEDES GARDAR O VOSO BONECO PREFERIDO, UN CONTO SÚPER CHULO, UN XOGUETE QUE VOS ENCANTE, ALGO QUE VOS AXUDE A RELAXARVOS, UN TAPPER CON FROITA POR SI VOS ENTRA A FAME, UNHA LANTERNA OU OBXECTO QUE DE LUZ PARA XOGAR NA ESCURIDADE...


AQUÍ TENDES INFORMACIÓN QUE PODE SER DE AXUDA: https://www.veobio.es/blog/por-que-los-ninos-y-ninas-hacen-casitas/



 ESPERAMOS QUE O PASEDES MOI BEN CONSTRUÍNDO O VOSO REFUXIO E CREANDO MOI BOS MOMENTOS NEL.
BICOS MOI GRANDES PARA TODOS DAS PROFES!!!!




OUTRA COUSIÑA, PARA A ACTIVIDADE DA PRÓXIMA SEMANA ÍMOS NECESITAR OS SEGUINTES INGREDIENTES:


·           -                                                                                                                                  FARIÑA
·                                                                                                                                             ACEITE
·                                                                                          VINAGRE BRANCO OU ZUME DE LIMÓN
·                                                                                                                                                    SAL
·                                                                                                               COLORANTE ALIMENTICIO


SORPRESA!!!!!!






ACTIVIDADES CIRCO
             13-17 ABRIL
ACTIVIDADES EXPLORADORES
             13-17 ABRIL






No hay comentarios:

Publicar un comentario