lunes, 8 de junio de 2020

ACTIVIDADES SEMANAIS


Ola familias,
Este curso xa está chegando ao seu fin, pero aínda nos quedan algunhas cousiñas chulas por facer.
Esta semana ímos preparar un xogo caseiro moi sinxelo  pero súper divertido e entretido.
Trátase de facer un camiño por onde levar unha pelotiña.

A base pode ser unha tapa dunha caixa de cartón, e nela montaremos o camiño ou labirinto. Cada un pode facer o nivel de dificultade que queira ou ir aumentando pouco a pouco os obstáculos.
 Unha forma podería ser cos tubos de cartón do papel hixiénico a modo de túneles por onde ten que pasar a pelotiña.
                                                                  












Para maior dificultade pódese engadir paus depresores ou tapóns, por exemplo, que a pelotiña ten que sortear para seguir o seu camiño. 










Este xogo axuda a traballar a atención, coordinación e control do corpo, a paciencia e o esforzo, e ao estar feito por un mesmo ten un gran valor emocional e aporta satisfación persoal.

ÁNIMO PEQUES QUE DENTRO DE POUCO XA CHEGAN AS VACACIÓNS DE VERÁN!


ACTIVIDADES 8 XUÑO

martes, 2 de junio de 2020


Ola a todos unha semana máis!
Nesta ocasión a actividade vai ser como un RETO.
Preparad@s?
Veredes, trátase dun xogo coas mans.Tedes que facer os xestos que vos mostra a canción do video que está a continuación:


Parece complicado pero si practicades os movementos das mans ao voso ritmo primeiro e despois o facedes ao tempo coa música, seguro segurísimo que sae.
Así que, moito ánimo, nada de rendirse, o esforzo ten a súa recompensa. Sería xenial facelo xuntos cando nos conectemos por Webex.

➝ Unha última cousiña, para a próxima actividade gardade os rollos de cartón do papel hixiénico ou do papel de cociña, xa que ímos precisar varios.

Que teñades unha estupenda semana peques!



SEMANA 1 DE XUÑO
SEMANA 1 DE XUÑO



lunes, 25 de mayo de 2020

ACTIVIDADES SEMANAIS






 Ola familias!
Para pechar o mes de maio, mes das flores , vos propoñemos como actividade a xardinería!

O contacto coa terra, coa auga e coa natureza é indispensable para os nos@s cativ@s, asi que aproveitemos estes días soleados para PLANTAR.

        Podemos facelo en macetas, no xardín ou no eido, en función do que dispoñamos.Que vos axuden a escoller plantas, unha boa idea e que den froitos, como as fresas, sería fenomenal poder comer as nosas propias, ou que tal plantar para facer a nosa ensalada ou bocata vexetal con leituga e tomate?.


       Tamén podemos plantar flores (margaridas, alegrías…) ou herbas aromáticas coma pirixel, romeu, ourego… existen múltiples opcións para escoller. Aquí vos deixamos un enlace moi interesante, onde vos dan ideas que ocupan moi pouco espazo e vos explican a importancia e plantar cos vos@s fill@s:


        Permitídelle que xoguen coa terra, coa auga, que estén en contacto coas texturas, o cheiro...

      Unha vez plantado, podemos pedirlle que as coiden, explicándolle a importancia de regar, da necesidade de luz ou de quitarlle as malas herbas, implicándoos no seu coidado para que asuman pequenas responsabilidades.






Podemos observar o proceso de xerminación da semente con experimentos moi doados con sementes (fabas, lentellas, aguacate…).



Tamén facer unhas divertidas personaxes as que lle podemos ir cortanto o pelo.
SEMANA 25 DE MAIO

SEMANA 25 DE MAIO

lunes, 18 de mayo de 2020

ACTIVIDADES SEMANAIS

OLA A TOD@S, COMO ESTADES?
ESPERAMOS QUE BEN.

ESTA SEMANA  A PROPOSTA DE ACTIVIDADE É FACER…
   SOMBRAS CHINESAS.

UNHA BOA LUZ, UNHA PAREDE LISA E MOITA IMAXINACIÓN SON SUFICIENTES PARA XOGAR COAS SOMBRAS.
ESTA TÉCNICA PARECE QUE NACEU ARREDOR DO 200 A.C. BAIXO A DINASTÍA HAN COMO UNHA FORMA DE  ESPECTÁCULO SEMELLANTE AO TEATRO,  AÍNDA QUE POUCO A POUCO OS ARTISTAS TAMÉN  UTILIZABAN ESTE “XOGO” PARA PODER QUITAR O MEDO QUE ALGÚNS NENOS LLE TEÑEN Á ESCURIDADE.
PARA LEVAR A CABO ESTA ACTIVIDADE PRECISAMOS A LUZ DUNHA LANTERNA, POR EXEMPLO A DO MÓBIL, PROXECTADA HACIA UNHA PAREDE.

ENTRE A LANTERNA E A PAREDE POÑEMOS AS MANS OU OBXECTOS QUE VAN A CREAR AS SOMBRAS.  PODEN SER:
- AS MANS OU O PROPIO CORPO.
-    OBXECTOS DA CASA E XOGUETES.
-    SILUETAS FEITAS CON CARTÓN E UN PAUCIÑO PARA AGARRAR.



ESPERAMOS QUE SEXA UNHA EXPERIENCIA MARAVILLOSA QUE DESFRUTEDES EN FAMILIA. XA NOS CONTAREDES AS VOSAS FANTÁSTICAS HISTORIAS.

BICOS PARA TOD@S

miércoles, 13 de mayo de 2020

 LETRAS GALEGAS 2020

O 17 de Maio facemos mención especial á nosa lingua, á nosa cultura. Pola situación actual non podemos festexalo no cole, polo que vos invitamos a disfrutar da nosa música e o noso baile. 

Veña unha muñeira!!!


PREME NA IMAXE

Este ano adícase o Día das Letras Galegas ao autor
Ricardo Carvalho Calero.
 Os Bolechas coñeceno ben, e queren amosarvos un conto sobre el.

PREME NA IMAXE




Carvalho Calero escribiu moitos libros en galego. Un deles trata sobre unha anécdota que lle sucedeu a el cando era un neno coma vós. 
Este conto titúlase :

 
"AS PITAS BAIXO A CHOIVA"


Podedes ver unha versión desta divertida historia no seguinte video:





lunes, 11 de mayo de 2020

Ola familias!

  Esta semana vos propoñemos un xogo de espías, ladróns, ou de misións secretas. Non vos asustar, é máis doado do que parece !!
  Podemos facelo no corredor ou no balcón da nosa casa. Tendes que botarlle un pouco de imaxinación, contar unha súper historia: somos uns ladróns que imos roubar unha xoia a un museo, ou espías que buscan pistas para resolver un enigma,  rescatar ao peluche preferido, ou que buscamos aos malos para evitar que se adueñen do mundo!!!!
 Precisamos:
·               Cinta de carpinteiro/ carrocero, coma as que usan os pintores.
·               Tiras de papel (podemos facelas con xornal ou calquera outro), lazo, cinta…o que teñamos pola casa
·               Ganas de xogar e imaxinar
O único que hai que facer é ir pegando tiras de papel nas paredes ¡coma luces laser !. @ nen@a debe ir pasando entre as cintas, tentado tocar o menos posible
 Podemos facer un percorrido da misión por toda a casa, escondéndonos nas esquinas, debaixo da cama, detrás das portas, as luces láser serán unha parte máis do percorrido para chegar ao obxectivo: unha xoia, o seu xoguete preferido, coller aos malos,descifrar o enigma…o que escollades, incluso poden atopar unhas chuches!.
PREME NA IMAXE
ACTIVIDADES SEMANA 11 DE MAIO



ACTIVIDADES SEMANA 11 MAIO

lunes, 27 de abril de 2020

Boas familias,

A actividade desta semana é facer un títere utilizando como base unha pinza da roupa.


Ademáis de ser unha actividade divertida e creativa a utilización da pinza axuda a traballar ós dediños dos nen@s para ter máis forza e coordinación.

Para elaboralo…

Primeiro: pensade o modelo que vos gusta. Pode ser como queirades pero ten que ter dúas partes para que a pinza poida abrir.

Segundo: desenvolvede a vosa creatividade no papel, cartulina, cartón, con cores, témperas, plastilina, pegatinas…

Terceiro: pegade o monicreque nas partes da pinza correspondente.

Cuarto: xogade co voso monicreque, abride e pechade a pinza e ao rematar deixádeo posto nun lugar para decorar.








Se queredes podedes facer máis e xogar a facer historias divertidas con eles. 

                        Ánimo peques!








ACTIVIDADES SEMANA 27 DE ABRIL



ACTIVIDADES SEMANA 27 DE ABRIL